PRESENTACIÓN
A Sociedade Galega de Fisioterapeutas (SOGAFI) é unha asociación integrada por profesionais da fisioterapia que nace para defender, manter e desenvolver os vínculos construtivos e os intereses dos seus membros no terreo científico-profesional.
Entre os fins de SOGAFI atópanse fomentar o desenvolvemento da fisioterapia en todos os seus ámbitos (investigación, formación, prevención, asistencial e docente); organizar congresos e actividades relacionadas coa fisioterapia, tanto divulgativas como científicas; crear e colaborar na creación de material de calidade para a divulgación e difusión do coñecemento científico; e promover o desenvolvemento da práctica baseada na evidencia no ámbito da fisioterapia.
Entre as actividades previstas por SOGAFI destacan o asesoramento ás entidades públicas e privadas relacionadas cos asuntos relacionados coa Fisioterapia, o fomento dos lazos de unión entre os distintos profesionais da saúde implicados no tratamento dos pacientes, así como as relacións con outras entidades afíns co obxectivo de intercambiar experiencias e coñecementos e participar no desenvolvemento de programas coincidentes coa finalidade da Asociación.