SOGAFI
SOCIEDADE GALEGA DE FISIOTERAPEUTAS
¿Que é SOGAFI?
A Sociedade Galega de Fisioterapeutas (SOGAFI) é unha asociación integrada por profesionais da fisioterapia que nace para defender, manter e desenvolver os vínculos construtivos e os intereses dos seus membros no terreo científico-profesional.
Entre os fins de SOGAFI atópanse fomentar o desenvolvemento da fisioterapia en todos os seus ámbitos (investigación, formación, prevención, asistencial e docente); organizar congresos e actividades relacionadas coa fisioterapia, tanto divulgativas como científicas; crear e colaborar na creación de material de calidade para a divulgación e difusión do coñecemento científico; e promover o desenvolvemento da práctica baseada na evidencia no ámbito da fisioterapia.
Entre as actividades previstas por SOGAFI destacan o asesoramento ás entidades públicas e privadas relacionadas cos asuntos relacionados coa Fisioterapia, o fomento dos lazos de unión entre os distintos profesionais da saúde implicados no tratamento dos pacientes, así como as relacións con outras entidades afíns co obxectivo de intercambiar experiencias e coñecementos; e participar no desenvolvemento de programas coincidentes coa finalidade da Asociación.
¿Por que facerte socio de SOGAFI?
-
Representación ante outras Sociedades Científicas (por exemplo doutros profesionais sanitarios), ante a Administración, etc., para dar visibilidade ao que a fisioterapia pode achegar á sociedade
-
Descontos en formación acreditada (propia de SOGAFI ou doutras entidades): talleres, xornadas, cursos...
-
Plataforma na que propoñer ou desenvolver programas de intervención ou formación en fisioterapia
-
Para establecer lazos con outros profesionais cos que poder intercambiar coñecementos ou experiencias ou desenvolver novos proxectos (para docencia, investigación, proxectos de intervención comunitaria...)
¿Que teño que facer para ser socio de SOGAFI?
Se te queres facer socio de SOGAFI, contacta connosco en info@sogafi.es achegándonos a seguinte información:
-
Nome e apelidos
-
Dirección
-
DNI
-
Nacionalidade
-
Teléfono
-
Correo electrónico
-
Número de colexiado
-
Especialidade de fisioterapia
Tamén precisaremos xustificante de pago da cota anual (60€).
Nº conta CaixaBank: ES39 2100 4330 6802 0019 5817
C/ Ramón y Cajal 9-11, 1º. 15006 - A Coruña